Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 30 de outubro de 2015 Páx. 41997

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de dilixencia de ordenación e decreto (ETX 24/2015).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 24/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Romero Agrasar contra a empresa Ventilaciones Carlos Pérez, S.L. sobre reclamación de cantidade, foi ditada dilixencia de ordenación do 24 de xullo de 2015 e Decreto do 30 de setembro de 2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

– Dilixencia de ordenación do 24 de xullo de 2015:

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, vinte e catro de xullo de dous mil quince.

Queda pendente de satisfacer na presente executoria a suma de 10.371,31 euros de principal e 1.037,13 euros en concepto de xuros e custas e sen encontrar bens suficientes e de conformidade ao artigo 276.1 da LXS, acordo:

Dar audiencia a José Romero Agrasar e ao Fondo de Garantía Salarial para que no prazo máximo de quince días soliciten o que ao seu dereito conviñer para a continuación da executoria e designen, en tal caso, bens concretos do debedor sobre os cales despachar execución.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non foren facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial».

– E Decreto do 30 de setembro de 2015 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Ventilaciones Carlos Pérez, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 10.371,31 en concepto de principal (9.242,01 euros máis 1.129,30 euros de xuros do artigo 29.3. ET) máis outros 1.037,13 euros fixados provisoriamente para xuros e custas da execución, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non foren facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 5076/0000/64/0024/15 no Banco Español de Crédito, indicando no campo do concepto “recurso” seguido do código “31 social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do “31 social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/a secretario/a xudicial».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Ventilaciones Carlos Pérez, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2015

A secretaria xudicial