Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 30 de outubro de 2015 Páx. 42003

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (419/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 419/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia García Brea contra Paorga, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse sentenza nº 301 cuxos encabezamento e resolución son do teor literal:

Sentenza.

En Santiago de Compostela o 28 de setembro de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos nº 419/2014, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade por instancia de Patricia García Brea, asistida pola letrada Paula Carpintero Gamallo, contra Paorga, S.L., que comparece, despois de ser citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Patricia García Brea contra Paorga, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa a pagar á demandante 9.078,83 euros dos cales 1.192,09 euros devindicarán o xuro do artigo 29.3 do ET. Condeno o Fogasa a estar e pasar por esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS. Condeno a empresa a aboar as custas procesuais, con inclusión dos honorarios da letrada da parte demandante por importe de 200 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Paorga, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2015

A secretaria xudicial