Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 30 de outubro de 2015 Páx. 42005

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (963/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 963/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Consuelo Cela Fernández contra Diseño y Construcción, S.A. Diconsa, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a sentenza número 302 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela o 28 de setembro de 2015.

Eu, Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos estes autos 963/2013, promovidos ante este xulgado do social, sobre reclamación de cantidade, por instancia de María Consuelo Cela Fernández, asistida e representada pola letrada Alicia Muíño Pose contra Diconsa Diseño y Construcción, S.A., que non comparece, administración concursal, que non comparece, Fogasa, que comparece asistido e representado pola letrada Rosa Prosper Montalvo, ditou esta sentenza.

(…)

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada por María Consuelo Cela Fernández contra Diconsa Diseño y Construcción, S.A. e, en consecuencia, condeno a empresa a lle aboar á demandante 2.732,06 euros, cantidade respecto da cal 2.659,31 euros devindicarán o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) cos límites do artigo 59 da Lei concursal. Condeno o Fogasa a aterse a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS), e a administración concursal a aterse a esta resolución na súa condición de tal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non poden interpor recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo do disposto no artigo 191.3 da LRXS.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

Para que sirva de notificación en forma a Diconsa Diseño y Construcción, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2015

A secretaria xudicial