Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 29 de outubro de 2015 Páx. 41900

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (644/2015).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de Xustiza e do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Jorge Olveira González contra José Antonio Ojea Rodríguez, Mejilloneras Xeitoso, C.B., José Ojea Triñanes, María Paula Ojea Rodríguez, María Carmen Ojea Rodríguez, Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), José Ojea e Hijos, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número despedimento/cesamentos en xeral 644/2015 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a José Antonio Ojea Rodríguez, Mejilloneras Xeitoso, C.B., José Ojea Triñanes, María Paula Ojea Rodríguez, María Carmen Ojea Rodríguez, José Ojea e Hijos, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 24 de novembro de 2015 ás 10.00 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio Xulgados, rúa Berlín, Santiago de Compostela, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo.

Deben asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que intenten valerse (artigo 82.3 da LXS), e, en caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberán comparecer e contestar ao interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Deben achegar ao acto do xuízo de documentos referidos pola parte demandante no segundo outrosí digo do escrito de demanda que se encontra á súa disposición na oficina xudicial. Advírteselles que se os citados documentos non se achegan ao xuízo sen mediar causa xustificada, poderán estimarse probadas as alegacións da parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94.2 da LXS).

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidos de avogado ou representados tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E, para que sirva de citación a José Antonio Ojea Rodríguez, a Mejilloneras Xeitoso, C.B, a José Ojea Triñanes, a María Paula Ojea Rodríguez, a María Carmen Ojea Rodríguez e a José Ojea e Hijos, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2015

A secretaria xudicial