Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 29 de outubro de 2015 Páx. 41899

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados

EDICTO (25/2015).

Que en virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, polo presente se require a Xaime da Pena Gutiérrez e a Uxío da Pena Gutiérrez co fin de que, no prazo de dez días, aboen a multa imposta en sentenza, de dous meses multa a razón de 6 euros diarios (360 euros) a cada un deles, debendo facer o ingreso na conta de consignacións e depósitos deste xulgado aberta na entidade bancaria Santander co nº 3564 0000 78 0025 15; baixo apercibimento de que, de non o verificar, se procederá á súa exacción pola vía de constrinximento ou, se é o caso, se transformará en responsabilidade persoal subsidiaria con privación de liberdade dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas ou no caso de multa proporcional segundo está acordado polo tribunal.

Igualmente, requiriráselle para que, en igual prazo e conta, aboen solidariamente a cantidade de 1.497,85 euros, con apercibimento de proceder pola vía de constrinximento en caso de non pagamento.

Cambados, 6 de outubro de 2015

A secretaria xudicial