Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 29 de outubro de 2015 Páx. 41902

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (380/2015).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 380/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel María Lamas Calvo contra Pollos Albariza, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, ditouse sentenza nº 297 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

Sentenza.

En Santiago de Compostela o 25 de setembro de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos nº 380/2015, promovidos ante este xulgado do social sobre despedimento, por instancia de Manuel María Lamas Calvo, asistido e representado polo graduado social José Benito Vidal Rey contra Pollos Albariza, S.L., que non comparece, e o Fogasa, que comparece asistido polo avogado do Estado, pronunciou a seguinte sentenza.

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento de que foi obxecto o demandante con efectos do 15 de marzo de 2015 e condeno a empresa a optar no prazo de cinco días, ou ben pola readmisión do demandante con aboamento dos salarios de tramitación ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á parte demandante dunha indemnización de 37.037,49 euros. Condeno a empresa demandada ao aboamento das custas procesuais con inclusión dos honorarios do graduado social da parte demandante por importe de 200 euros. Condeno o Fogasa a avirse a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, LRXS.

A devandita opción deberá exercerse no termo de cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo, sen que o empresario opte, entenderase que procede a readmisión.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza

E para que sirva de notificación en legal forma a Pollos Albariza, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2015

A secretaria xudicial