Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 29 de outubro de 2015 Páx. 41885

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3038/2012).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 3038/2012

Xulgado de orixen/autos: demanda 1144/2009 Xulgado do Social número 2 da Coruña

Recorrente: Jesús Suárez Pena

Avogado: José Nogueira Esmoris

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutual Midat Cyclops, Excavaciones y Construcciones Exconcasa, S.L.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 3038/2012-RCUD 310/14-S desta sala, seguido por instancia de Jesús Suárez Pena contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutual Midat Cyclops, Excavaciones y Construcciones Exconcasa, S.L. sobre accidente, ditou o Tribunal Supremo a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte particular:

«A sala acorda: declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Juan Ignacio Aguirre González, en nome e representación da Mutua Midat Cyclops contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data do 10 de xullo de 2014, no recurso de suplicación número 3038/2012, interposto por Jesús Suárez Pena, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 dos da Coruña de data do 3 de outubro de 2011, no procedemento número 1144/2009 seguido por instancia de Jesús Suárez Pena contra Mutua Midat Cyclops, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Excavaciones y Construcciones Excongasa, S.L., sobre determinación de continxencia.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, con imposición de custas á parte recorrente e perda do depósito constituído, e dáse á consignación efectuada o destino legal.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones y Construcciones Exconcasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de setembro de 2015

A secretaria xudicial