Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 29 de outubro de 2015 Páx. 41887

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3058/2014).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3058/2014-EV-A

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 1144/2012. Xulgado do Social número 3 de Vigo

Recorrente: Indalecio González Serpes

Avogada: Celeste María Barco Vega

Procurador: Luis Sánchez González

Recorridos: Fogasa, Tomiño Ham, S.L.

Avogado: Fogasa/edictos-DOG

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3058/2014-EV-A desta sala, seguido por instancia de Indalecio González Serpes contra o Fogasa e Tomiño Ham, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Indalecio González Serpes contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Vigo, en xuízo seguido por instancia do recorrente contra a empresa Tomiño Ham, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, a Sala a confirma na súa integridade. Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que sirva de notificación en legal forma á empresa Tomiño Ham, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de setembro de 2015

A secretaria xudicial