Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 29 de outubro de 2015 Páx. 41883

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomea o tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014, modificada pola Resolución do 24 de abril de 2015.

Mediante a Resolución desta dirección xeral do 10 de decembro de 2014 (DOG núm. 242, do 18 de decembro) convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria.

Mediante a Resolución do mesmo órgano, do 24 de abril de 2015 (DOG núm. 82, do 4 de maio), modificouse o anexo I da antedita resolución, ampliando o número de prazas convocadas e reabrindo o prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso.

Na súa base sétima disponse que o tribunal cualificador do concurso-oposición será nomeado pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas, e publicarase para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coa antedita base, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Nomear os membros do tribunal, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 10 de decembro de 2014, modificada pola Resolución do 24 de abril de 2015, e que aparecen relacionados no anexo desta resolución.

Segundo. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e do persoal colaborador negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade de data 16 de xuño de 2015, publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. Esta resolución producirá os seus efectos a partir do mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Categoría

Composición

Apelidos e nome

Médico/a de familia

Presidente/a titular

Castro Seijas, Mercedes

Persoal estatutario de xestión e servizos. Grupo técnico da función administrativa.

Secretario/a titular

Montero Furelos, Mª José

Persoal estatutario de xestión e servizos. Grupo técnico da función administrativa.

Vogal titular

Alonso Fachado, Alfonso

Persoal estatutario licenciado sanitario. Medicina de Familia.

Vogal titular

Agromayor Faílde, Aquilino

Persoal estatutario licenciado sanitario. Medicina de Familia.

Vogal titular

García Caeiro, Javier

Persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogal titular

Otero Bouzada, Cristina

Persoal estatutario licenciado sanitario. Medicina de Familia.

Vogal titular

Valverde Leis, Jesús

Persoal estatutario licenciado sanitario. Medicina de Familia.

Presidente/a suplente

Sampedro Morandeira, José Luis

Persoal estatutario de xestión e servizos. Grupo técnico da función administrativa.

Secretario/a suplente

De Castro-Acuña Iglesias, Nuria

Persoal estatutario licenciado sanitario. Farmacia de Atención Primaria.

Vogal suplente

Aboal Beato, Miguel Ángel

Persoal estatutario licenciado sanitario. Medicina de Familia.

Vogal suplente

Brea Lago, Vanessa

Persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogal suplente

García González, Jesús

Persoal estatutario licenciado sanitario. Medicina de Familia.

Vogal suplente

González Lorenzo, Mª del Portal

Persoal estatutario licenciado sanitario. Medicina de Familia.

Vogal suplente

Naya Cendón, Consuelo

Persoal estatutario licenciado sanitario. Medicina de Familia.