Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 29 de outubro de 2015 Páx. 41881

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomea o tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014, modificada pola Resolución do 24 de abril de 2015.

Mediante a Resolución desta dirección xeral do 10 de decembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 242, do 18 de decembro) convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a.

Mediante a Resolución do mesmo órgano, do 24 de abril de 2015 (Diario Oficial de Galicia nº 82, do 4 de maio), modificouse o anexo I da antedita resolución, ampliando o número de prazas convocadas e reabrindo o prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso.

Na súa base sétima disponse que o tribunal cualificador do concurso-oposición será nomeado pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas, e publicarase para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coa antedita base, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Nomear os membros do tribunal, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 10 de decembro de 2014, modificada pola Resolución do 24 de abril de 2015, e que aparecen relacionados no anexo desta resolución.

Segundo. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e do persoal colaborador negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade de data 16 de xuño de 2015, publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde ( www.sergas.es ).

Terceiro. Esta resolución producirá os seus efectos a partir do mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Categoría

Composición

Apelidos e nome

Enfermeiro/a

Presidente/a titular

Rúa Moure, Mª Jesús

Persoal estatutario de xestión e servizos. Grupo técnico da función administrativa

Secretario/a titular

Rodríguez Cabo, Esperanza

Persoal estatutario de xestión e servizos. Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

Calvo López, Juan Manuel

Persoal estatutario diplomado sanitario. Enfermaría.

Vogal titular

Díaz López, Manuel

Persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia

Vogal titular

García Calvo, Felipe

Persoal estatutario diplomado sanitario. Enfermaría.

Vogal titular

Lafuente Franco, Beatriz

Persoal estatutario diplomado sanitario. Enfermaría.

Vogal titular

Rodríguez Riveira, Amelia

Persoal estatutario diplomado sanitario. Enfermaría.

Presidente/a suplente

García Souto, Jorge

Persoal estatutario de xestión e servizos. Grupo técnico da función administrativa

Secretario/a suplente

Castelao Boga, Mª José

Persoal estatutario de xestión e servizos. Grupo de xestión da función administrativa

Vogal suplente

Morán Losada, Francisco

Persoal estatutario de xestión e servizos. Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

Rodríguez Pérez, Bárbara

Persoal estatutario diplomado sanitario. Enfermaría

Vogal suplente

Sánchez Romeu, Antonio

Persoal estatutario diplomado sanitario. Enfermaría

Vogal suplente

Sánchez Sánchez, José Rubén

Persoal estatutario diplomado sanitario. Enfermaría

Vogal suplente

Vale Iglesias, Mª Florentina

Persoal estatutario diplomado sanitario. Enfermaría