Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 29 de outubro de 2015 Páx. 41906

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (675/2014).

DSP despedimento/cesamentos en xeral 675/2014

Sobre ordinario

Demandante: Jesús Manuel Couselo Ferro

Avogada: Rosa María Martínez Ferreiro

Demandados: Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J y M Fernández, S.L., Patrimonial Feranpe, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Integral Motion Assistance, S.L., Fogasa, Talleres J & M Fernández, S.L., Global Automoción, S.L., Compostela Concesionario, S.L., José Luis Fernández Rodríguez, Compostela Automotriz, S.L., Marcelino Fernández Rodríguez

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 675/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Manuel Couselo Ferro contra Patrimonial Feranpe, S.L., sobre despedimento, ditouse auto o 22.9.2014, o 24.7.2015 e o 30.9.2015 cuxas partes dispositivas son do teor literal seguinte:

Parte dispositiva.

Dispoño:

1. Admitir a trámite a demanda presentada e, en consecuencia, citar as partes para que comparezan o día 20.11.2015 ás 11.35 horas na planta baixa, sala 3, Edificio da rúa Berlín, para a celebración do acto de conciliación ante o/a secretario/a xudicial e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar a avinza, o día 20.11.2015 ás 11.40 horas na planta baixa, sala 3, Edificio da rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

2. Acordo a suspensión do curso do presente procedemento ata que se dite sentenza firme nos autos de conflito colectivo nº 21/2015 da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, quedando a parte demandante obrigada a poñer a devandita circunstancia en coñecemento do xulgado e a solicitar, se é o caso, a continuación dos autos tan pronto como se verifique.

En consecuencia, suspéndense os actos de conciliación e/ou xuízo sinalados para o día 31 de agosto de 2015 ás 11.10 horas e 11.15 horas, respectivamente.

3. A acumulación do presente procedemento de despedimento ao procedemento de resolución contractual nº 675/2014 seguido ante este xulgado, continuando a súa tramitación nun único procedemento e dando de baixa o presente edicto no libro de asuntos xerais.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

E para que sirva de notificación en legal forma a Patrimonial Feranpe, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2015

A secretaria xudicial