Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 29 de outubro de 2015 Páx. 41908

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 24 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se notifica a Resolución do 8 de setembro de 2015, ditada no expediente sancionador en materia de xogo número P-1/15.

O día 8 de setembro de 2015 o director xeral de Emerxencias e Interior adoptou unha resolución co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, intentada a práctica de notificación á entidade interesada, non foi posible realizala, polo que, en aplicación do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro e pola Lei 15/2014, do 16 de setembro), procede a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, situado na rúa Roma, 25-27 de Santiago de Compostela (en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

De conformidade co establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse un recurso de alzada perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes. Debido a que a eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE) o dito prazo comezará a contarse a partir do día seguinte ao desa publicación.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2015

Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: P-1/15.

Interesado: José Carlos Fernández Iglesias.

DNI/NIF: 35311124Y.

Último enderezo coñecido: rúa Cruz Roja, 16, Pontevedra.

Data da resolución: 8 de setembro de 2015.

Tipificación: falta leve artigo 30 da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Sanción: apercibimento.