Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 27 de outubro de 2015 Páx. 41406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 14 de outubro 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Dumbría (expediente 299/2009).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da subestación Regoelle, 220 kV, no termo municipal de Dumbría (expediente 299/2009), por resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 29 de agosto de 2014, a favor da entidade beneficiaria Red Eléctrica de España, S.A.U., con enderezo no Paseo del Conde de los Gaitanes, 177, 28109 Alcobendas (Madrid).

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 25 de novembro de 2015 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Dumbría, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal La Voz de Galicia de datas 7.6.2013, 14.6.2013 e 6.6.2013, respectivamente, acto ao que deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos cales se lles practicará notificación individual sinalándolles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da devandita Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 14 de outubro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña