Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, nº 2, 32960 Velle.
Denominación: LMT, CT e RBT Boncomezo.
Situación: Coles.
Características técnicas:
– LMT aérea a 20 kV de 66 m e condutor LA-56 mm2 Al e con orixe no apoio existente achegado á N-525 e remate no apoio con PAS anexo ao CT 32CAB2, en Gustei.
– LMT subterránea a 20 kV de 960 m con condutor RHZ1-2OL 12/2O kV 1×95 mm2 Al e remate no CT proxectado rural Boncomezo de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.
– RBT aerosubterránea de 98 m en aéreo con condutor RZ e 30 m en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT proxectado.
– Orzamento: 142.855,02 euros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Ourense, 1 de outubro de 2015
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense