Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 27 de outubro de 2015 Páx. 41407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 13 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 58, 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de tentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia.

As resolucións obxecto de notificación ditounas o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación do conselleiro.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A citada dirección xeral ten a súa sede en Santiago de Compostela, no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

Transcorrido o dito prazo sen que se produza a comparecencia, a notificación entenderase efectuada a partir do día seguinte ao último día do prazo fixado.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2015

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Persoa interesada: Caridad Barcia Ben.

Asunto: paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos).

Acto notificado: resolución de reclamación previa á vía xudicial laboral.

Persoa interesada: Jaime Manuel Rodríguez Gómez.

Asunto: paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos).

Acto notificado: resolución de reclamación previa á vía xudicial laboral.

Persoa interesada: Mercedes F. Trufero Bouza.

Asunto: paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos).

Acto notificado: resolución de reclamación previa á vía xudicial laboral.

Persoa interesada: Andrés Juanatey Blanco.

Asunto: paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos).

Acto notificado: resolución de reclamación previa á vía xudicial laboral.

Persoa interesada: María Mercedes Parrilla Latas.