Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 26 de outubro de 2015 Páx. 41179

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 1094/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 1094/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Gómez Rodríguez contra as empresas Isalcor Valga, S.L., Exl Quintaglass, S.L., Estevan Crego Pedrido, Isidro Carro Lorenzo, Alicia Carro Lorenzo, Carpintería Metálica Tecre, S.L., Atesvi, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Resin Subministracións Valga, S.L., Exlabesa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva:

Aclaro a sentenza ditada nos presentes autos de despedimento obxectivo individual 1094/2013, con data do 30 do xullo de 2015, nos seguintes termos:

1. No fundamento xurídico segundo, no parágrafo 1, onde di: “Alega, en apoio das súas pretensións, que veu prestando servizos por conta de Isalcor Valga, S.L. desde o 23.4.2012 como mozo de almacén-peón, e debía percibir salario de 18.174,92 euros con rateo de extras conforme o convenio colectivo de siderometalurxia da Coruña, que é o de aplicación ao caso, a pesar de que a demandada lle aboaba un salario inferior”, debe dicir: “Alega, en apoio das súas pretensións, que veu prestando servizos por conta de Isalcor Valga, S.L. desde o 23.4.2012 como mozo de almacén-peón debía percibir salario, un salario bruto anual para o ano 2013, incluído o rateo de pagas extraordinarias, de 18.174,92 euros, segundo o convenio colectivo de siderometalurxia da Coruña, que é o de aplicación ao caso, a pesar de que a demandada lle aboaba un salario inferior”.

2. No fundamento xurídico sétimo, no parágrafo 3 in fine, onde di: “Debe, por tanto, aterser ao salario fixado pola parte demandante”, debe dicir: “Debe, por tanto, aterse ao salario fixado pola parte demandante, que é o de 18.174,92 euros brutos anuais, incluído o rateo de pagas extraordinarias, segundo o convenio colectivo do sector da industria siderometalúrxica da provincia da Coruña”.

Permanecerá a sentenza incólume en todo o demais.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, de ser o caso, contra a sentenza a que se refire esta rectificación.

Así o pronuncia, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela. Dou fe.

A maxistrada/xuíza. A secretaria xudicial».

Para que sirva de notificación en legal forma a Estevan Crego Pedrido e a Carpintería Metálica Tecre, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2015

A secretaria xudicial