Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 26 de outubro de 2015 Páx. 41181

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (109/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 109/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 201 contra Práctica Solar, S.L., Eficiencia Medioambiental, S.L. e AA Solar Fotovoltaica, S.L., sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto 548/2015.

Secretaria xudicial María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2015.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 201 presentou demanda de execución fronte a Práctica Solar, S.L., Eficiencia Medioambiental, S.L., AA Solar Fotovoltaica, S.L.

Segundo. Ditouse auto en que se despachaba execución con data do 15 de xuño de 2015, por un total de 1.430,63 euros de principal, máis outros 143,06 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Do embargo de contas bancarias non se obtivo ningunha cantidade e deuse a preceptiva audiencia á executante.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da Lei de xurisdición social que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado sobre os cales facer embargo, se practicarán as indagacións procedentes e, de seren infrutuosas total ou parcialmente, a secretaria xudicial da execución ditará decreto de insolvencia tras oír a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada Práctica Solar, S.L., Eficiencia Medioambiental, S.L., AA Solar Fotovoltaica, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 1.430,63 euros de principal, máis outros 143,06 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme a resolución, procedase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei de xurisdición social).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274, no Banco Santander, S.A., debendo indicar no campo concepto «recurso» seguida do código «31 Social-Revisión de resolución secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso» seguida do «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un depósito por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Práctica Solar, S.L., Eficiencia Medioambiental, S.L., AA Solar Fotovoltaica, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2015

A secretaria xudicial