Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 22 de outubro de 2015 Páx. 40949

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1382/2014).

Cédula de notificación.

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, Xulgado de Familia de Vigo certifica que neste xulgado se tramitan autos de xuízo de divorcio 1382/2014, nos cales se ditou a seguinte:

«Sentenza 142.

Vigo, 5 de marzo de 2015

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 1382/2014 sobre disolución de matrimonio por divorcio, actuando como demandante Aida Beatriz Brión Cima, representada polo procurador dos tribunais José Francisco Vaquero Alonso e con asistencia letrada de María Jesús Martínez Borjas contra Carlos Daniel Barboni, declarado en situación de rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, sobre a base dos seguintes:

(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Decisión:

Na demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Vaquero Alonso, en nome e representación de Aida Beatriz Brión Cima, contra Carlos Daniel Barboni, declarado en situación de rebeldía procesual, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración, realizando os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. As fillas menores do matrimonio quedarán baixo a garda e custodia da Sra. Brión Cima, sen prexuízo da patria potestade compartida por ambos os dous proxenitores.

Segundo. O Sr. Barboni aboará en concepto de alimentos para as súas fillas a cantidade de 200 euros mensuais, que deberá ingresar dentro dos cinco primeiros días de cada mes e na conta que para o efecto designe a nai. A dita cantidade actualizarase anualmente conforme á variación que experimente o índice de prezos de consumo que fixe o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

Ambos os dous proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios das menores, entre os cales se encontran os médicos e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social. Non terán esa consideración as matrículas, libros e material escolar, uniformes, comedor, transporte escolar e actividades extraescolares.

Non procede facer especial pronunciamento sobre as custas.

Unha vez que sexa firme esta resolución, comuníqueselle ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, e déixese constancia de tal circunstancia nos autos.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días desde a notificación ante a Audiencia Provincial.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Da resolución antes indicada ditáronse autos aclaratorios que nas partes dispositivas din:

«Rectifícase o fundamento de dereito terceiro da sentenza de data 5 de marzo de 2015 e onde di: “procede atribuír a garda e custodia das fillas menores á señora Rodríguez de la Cruz”, debe dicir: “procede atribuír a garda e custodia das fillas menores á señora Brión Cima”. E igualmente rectifícase o fundamento de dereito cuarto e onde di: “A demandante declarou que desde que o Sr. Romero se foi da casa hai dous anos non tivo contacto coas súas fillas nin con ela, que descoñece onde vive ou se traballa.”, debe decir: “a demandante declarou que desde que o Sr. Brioni se foi de casa hai dous anos non tivo contacto coas súas fillas nin con ela, que descoñece onde vive ou se traballa”; mantense o resto dos pronunciamentos contidos na resolución que se aclara.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, facéndolles saber que contra ela non cabe interpor recurso, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza a que se refire a solicitude.

Así o acorda, manda e asina María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo».

Da resolución citada ditouse novo auto aclaratorio que na parte dispositiva di:

«Rectifícase a parte dispositiva do Auto ditado con data 6 de abril de 2015 e onde di: “A demandante declarou que desde que o Sr. Brioni se foi da casa hai dous anos non tivo contacto coas súas fillas nin con ela, que descoñece onde vive ou se traballa.”, debe dicir: “A demandante declarou que desde que o Sr. Barboni se foi de casa hai dous anos non tivo contacto coas súas fillas nin con ela, que descoñece onde vive ou se traballa”; mantense o resto dos pronunciamentos contidos na resolución que se aclara.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, facéndolles saber que contra ela non cabe interpor recurso, sen prexuízo dos recursos que procedan, de ser o caso, contra a sentenza a que se refire a solicitude.

Así o acorda, manda e asina María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo».

E para que conste e lle sirva de notificación a Carlos Daniel Barboni, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Vigo, 1 de outubro de 2015

A secretaria xudicial