Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 22 de outubro de 2015 Páx. 40948

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (192/2009).

Notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Parte dispositiva.

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda deducida polo procurador Sr. Sanjuán Fernández, quen actúa en nome e representación de Recreativos Mafari, S.L. contra Manuel Jesús Pampín Mato e, en consecuencia, declaro a resolución do contrato do 2 de maio de 2007 e condeno a Manuel Jesús Pampín Mato a pagar a Recreativos Mafari, S.L. a cantidade de vinte e dous mil setecentos oitenta e oito euros con cincuenta e seis céntimos (22.788,56 €), xunto cos xuros sinalados no fundamento xurídico terceiro, e sen imposición de custas a ningunha das partes.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Manuel Jesús Pampín Mato, expídese o presente edicto para que sirva de notificación.

Pontevedra, 24 de setembro de 2015

O/a secretario/a