Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 2 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se notifica ao titular do dereito mineiro a resolución de execución forzosa subsidiaria das actuacións necesarias para o peche dos labores no dereito mineiro Carbelo número 2783, sito no termo municipal de Crecente, na provincia de Pontevedra.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula, notifícaselle á empresa Granitos Penalonga, S.L., con CIF B32224750, a resolución da Consellería de Economía e Industria de data do 2 de outubro de 2015, polo que se ordena proceder á execución forzosa subsidiaria por parte da Administración das actuacións necesarias para o peche dos labores no dereito mineiro Carbelo núm. 2783, sito no termo municipal de Crecente, provincia de Pontevedra, que na actualidade se atopa en situación de abandono, para que, no prazo de dez (10) días, alegue o que considere oportuno en defensa dos seus intereses.

Comunícaselle que o acordo íntegro está á súa disposición na Subdirección Xeral de Recursos Minerais en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas), situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5º, 4º andar, en Santiago de Compostela.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación á empresa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas