Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40506

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Lalín e Dozón (expediente IN407A 2015/129-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Agro Avícola 3, S.L.

Domicilio social: rúa Rodo, nº 62, baixo S, 36365 Lalín.

Denominación: LMTA, LMTS, CT para unha granxa en Monte Medo.

Situación: Lalín e Dozón.

Características técnicas: LMT a 20 kV con entroncamento no apoio existente HV-400/11 da LMT LAL811 Rodeiro, no concello de Lalín, e final no CT proxectado. A liña consta dun primeiro tramo aéreo con condutor LA-56 de 17 metros, un segundo subterráneo con condutor RHZ de 218 metros e un terceiro, tamén aéreo, de 1.091,2 metros. Centro de transformación intemperie de 50 kVA, R.T. 20 kV/400 V, situado en Monte Medo, Rodelas (Maceira-San Martiño) Dozón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014 pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, DOG nº 54 do 19 de marzo de 2014, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 28 de setembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra