Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 1 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, de trámite de audiencia do expediente SAI Gas 2015/14.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e logo de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, son informados os interesados de que o expediente se atopa á súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria na Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 1 de outubro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: SAI Gas 2015/14.

Persoa interesada: Energy Tec Instal, S.L.

CIF: B70338611.

Acto de notificación: trámite de audiencia.

Concello: Culleredo.