Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40323

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

EDICTO (211/2012).

María José Núñez Abeledo, secretaria xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Lugo, polo presente

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de José Luis Otero Piñeiro fronte a ignorados herdeiros de Cesáreo Urcesino Otero López, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión é o seguinte:

Sentenza.

Vistos por min, Marina Carmen Palomo Moreno, maxistrada titular do Xulgado de Primera Instancia número 5 desta localidade, os presentes autos de xuízo ordinario sobre acción declarativa da propiedade, seguidos perante este xulgado baixo o número 211 do ano 2012-M, por instancia de José Luis Otero Piñeiro, quen actúa no seu nome e en beneficio da sociedade de gananciais que forma coa súa esposa Herminia Vizcaíno García, representado polo procurador Sr. Cabo Silva e asistido da letrada Sra. López Outeiral, contra os ignorados herdeiros de Cesáreo Urcesino Otero López, en rebeldía.

Decido

Que, estimando a demanda formulada por José Luis Otero Piñeiro, quen actúa no seu nome e en beneficio da sociedade de gananciais que forma coa súa esposa Herminia Vizcaíno García, representado polo procurador Sr. Cabo Silva, contra os ignorados herdeiros de Cesáreo Urcesino Otero López, en rebeldía, debo declarar e declaro que o terreo de substitución nº 2-225 do proceso de concentración parceira da zona de Benquerencia, levado a cabo pola Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (actualmente Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia), derivada da achega ao devandito proceso de concentración parceira dos terreos descritos no feito primeiro da demanda, é propiedade de José Luis Otero Piñeiro e Herminia Vizcaíno García, con carácter ganancial; e, en consecuencia, ordénase a cancelación dos asentos rexistrais que, se é o caso, sexan contraditorios co anterior, en particular, os relativos ao terreo de substitución, inscrito co nº 16.206, no folio 223, libro 157, tomo 583, do Rexistro da Propiedade de Ribadeo; así como debo condenar e condeno a parte demandada a estar e pasar polos anteriores pronunciamentos e a expedir os títulos de propiedade do referido terreo 2-225 en favor de José Luis Otero Piñeiro e Herminia Vizcaíno García para que poida ter lugar a súa inscrición no Rexistro da Propiedade e ao seu favor. Iso con expresa condena da parte demandada ao pagamento das custas procesuais causadas.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación no termo dos vinte días seguintes ao da súa notificación. Para o que deberá terse en conta o disposto en canto ao depósito de determinada cantidade de diñeiro, na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a cal foi engadida mediante a reforma operada pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial.

Así, por esta miña sentenza, xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose os devanditos demandados, ignorados herdeiros de Cesáreo Urcesino Otero López, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a estes.

Lugo, 1 de xuño de 2015

A secretaria xudicial