Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 14 de outubro de 2015 Páx. 39860

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2150/2015).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 2150/2015 desta sección, seguido por instancia de Fondo de Garantía Salarial contra a empresa Buma Galicia, S.L. e María Ángeles Fernández López, sobre despedimento disciplinario, se ditou a resolución do teor literal seguinte:

«Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 22 de setembro de 2015.

Únese o anterior escrito, presentado con data do 21 de setembro de 2015, polo letrado habilitado da Avogacía do Estado, en nome e representación do Fondo de Garantía Salarial, ao recurso correspondente. Considérase preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala. Fáiselle saber que os autos se encontran ao seu dispor na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o coida preciso e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, a menos que xa o designase.

Considéranse efectuadas as manifestacións contidas no outrosí digo do escrito e expídense as certificacións das sentenzas que invoca, con expresión da súa firmeza, que se unirán á peza separada do recurso de casación para unificación de doutrina unha vez que se presente o escrito de interposición.

Así mesmo, comunícaselle á recorrente que non é preciso presentar o xustificante de ingreso das taxas xudiciais ao interpor o recurso, xa que o recurso de casación para unificación de doutrina non está suxeito ao seu pagamento, segundo interpretación vinculante da Axencia Tributaria (consulta nº V3674-13).

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte impugnada se poida opor á admisión do recurso cando compareza ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Buma Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de setembro de 2015

A secretaria xudicial