Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 14 de outubro de 2015 Páx. 39858

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 96, do 21 de maio) pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 6 de outubro de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 9 de xaneiro de 2015 (DOG núm. 9, do 15 de xaneiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados,

ACORDOU:

Primeiro. Proceder, de conformidade co previsto na base IV.2 da convocatoria, á publicación da relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións acadadas e con indicación do seu documento nacional de identidade. A relación recóllese no anexo desta resolución.

A partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de aprobadas, estas disporán dun prazo de vinte (20) días naturais para a presentación da documentación prevista na base IV.2 da convocatoria.

Segundo. Elevar a dita relación á persoa titular da Dirección Xeral de Función Pública para que elabore a proposta de nomeamento.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2015

María Isabel Novo Castro
Presidenta do Tribunal

ANEXO

Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 96, do 21 de maio)

DNI

Apelidos e nome

Primeiro exercicio

Segundo exercicio

Terceiro exercicio

Cuarto exercicio

Quinto exercicio

Sexto exercicio

Puntuación total

77406306J

Nieto Grande, Paula

24,33

2,50

Exenta

20,77

17,51

17,51

82,62

44841323V

Álvarez Caramés, Isabel

21,43

3,50

Exenta

18,93

17,51

18,50

79,87

32701198M

Pereira de la Riera, Josefina

17,93

1,50

Exenta

17,51

18,00

18,50

73,44