Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 14 de outubro de 2015 Páx. 39855

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 8 de outubro de 2015 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013.

En virtude da Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 8 de abril de 2015 (DOG núm. 84, do 6 de maio).

Co obxecto de que os/as aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeados/as funcionarios/as de carreira do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 19 de outubro de 2015 ás 10.45 horas.

Segundo. Os/as aspirantes convocados/as poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Os/as funcionarios/as que pretendan optar aos postos para cuxo desempeño é preciso estar en posesión do permiso de conducir B deberán presentar o orixinal ou copia compulsada no acto de elección de destino.

Terceiro. Os/as aspirantes deberán ir provistos/as de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados/as por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos/ás aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicados en destino definitivo os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos aos/ás aspirantes presentes ou representados/as, entre os que quedasen sen adxudicar.

Quinto. Os/as aspirantes poderán solicitar ser declarados/as en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015. Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Cons.

Denominación

Nivel

Subgrupo

Centro directivo

Centro destino

Concello

Titulación

Formación

1

MAK010000015770021

MA

Inspector/a urbanístico/a

26

A1

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/Dirección

D. X. da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Santiago de Compostela

Arquitectura/
lic. Dereito

Permiso conducir B (r.i.)

2

MAK010000015770023

3

MAK010000015770026

MA

Inspector/a urbanístico/a

26

A1

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/Dirección

D. X. da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Santiago de Compostela

Lic. Dereito

4

MAK010000015770027

MA

Inspector/a urbanístico/a

26

A1

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/Dirección

D. X. da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Santiago de Compostela

Lic. Dereito

5

MAK010000015770029

MA

Inspector/a urbanístico/a

26

A1

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/Dirección

D. X. da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Santiago de Compostela

Lic. Dereito

6

MAK010000015770030

MA

Inspector/a urbanístico/a

26

A1

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/Dirección

D. X. da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Santiago de Compostela

Lic. Dereito

7

MAK010000015770032

MA

Inspector/a urbanístico/a

26

A1

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/Dirección

D. X. da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Santiago de Compostela

Lic. Dereito

8

MAK010000015770033

MA

Inspector/a urbanístico/a

26

A1

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/Dirección

D. X. da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Santiago de Compostela

Lic. Dereito

9

MAK010000015770034

MA

Inspector/a urbanístico/a

26

A1

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/Dirección

D. X. da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Santiago de Compostela

Lic. Dereito

10

MAK010000015770035

MA

Inspector/a urbanístico/a

26

A1

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/Dirección

D. X. da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Santiago de Compostela

Lic. Dereito

11

MAK010000015770036

MA

Inspector/a urbanístico/a

26

A1

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/Dirección

D. X. da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Santiago de Compostela

Lic. Dereito

12

MAK010000015770037

MA

Inspector/a urbanístico/a

26

A1

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/Dirección

D. X. da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Santiago de Compostela

Arquitectura

Permiso conducir B (r.i.)