Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 14 de outubro de 2015 Páx. 39851

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 8 de outubro de 2015 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013.

En virtude da Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 25 de maio de 2015 (DOG núm. 104, do 4 de xuño).

Co obxecto de que os/as aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeados/as funcionarios/as de carreira do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as, e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 19 de outubro de 2015 ás 10.30 horas.

Segundo. Os/as aspirantes convocados/as poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Os/as funcionarios/as que pretendan optar aos postos para cuxo desempeño é preciso estar en posesión do permiso de conducir B, deberán presentar o orixinal ou copia compulsada no acto de elección de destino.

Terceiro. Os/as aspirantes deberán ir provistos/as de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados/as por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos/ás aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicados en destino definitivo os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos aos/ás aspirantes presentes ou representados/as, entre os que quedasen sen adxudicar.

Quinto. Os/as aspirantes poderán solicitar ser declarados/as en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015. Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Cons.

Denominación

Nivel

Subgrupo

Centro destino

Centro directivo

Concello

Titulación

Formación

1

FCA291000032001145

FC

Xefatura facultativo/a superior

26

A1

Delegación Ourense

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Ourense

Arquitectura

Experiencia en materia tributaria (mérito)

2

FCA291000036001140

FC

Xefatura facultativo/a superior

26

A1

Delegación Pontevedra

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Pontevedra

Arquitectura

Experiencia en materia tributaria (mérito)

3

MAC040000015770005

MA

Arquitecto/a-enxeñeiro/a de funcións facultativas

26

A1

S. X. de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Santiago de Compostela

Arquitectura, Enxeñ. Camiños, Canles e Portos

Coñecementos urbanismo (mérito)

4

MAC040000015770006

MA

Arquitecto/a-enxeñeiro/a de funcións facultativas

26

A1

S. X. de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Santiago de Compostela

Arquitectura, Enxeñ. Camiños, Canles e Portos

Coñecementos urbanismo (mérito)

5

MAC040000015770008

MA

Arquitecto/a-enxeñeiro/a de funcións facultativas

26

A1

S. X. de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Santiago de Compostela

Arquitectura, Enxeñ. Camiños, Canles e Portos

Coñecementos urbanismo (mérito)

6

MAC040000015770010

MA

Arquitecto/a-enxeñeiro/a de funcións facultativas

26

A1

S. X. de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Santiago de Compostela

Arquitectura, Enxeñ. Camiños, Canles e Portos

Coñecementos urbanismo (mérito)

7

MAC090000015770005

MA

Arquitecto/a-enxeñeiro/a de funcións facultativas

26

A1

Xurado de Expropiación de Galicia

Xurado de Expropiación de Galicia

Santiago de Compostela

Arquitectura, Enxeñaría de Montes, Enxeñ.Camiños, Canles e Portos, Enxeñaría Agrónoma

8

MAC991000036001003

MA

Arquitecto/a de funcións facultativas

26

A1

Xefatura Territorial Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

Arquitectura

Coñecementos urbanismo (mérito)

9

MAO110000215770032

MA

Arquitecto/a funcións facultativas

26

A1

Dirección Técnica do Solo, Edificación e Calidade

IGVS/Dirección Xeral do IGVS

Santiago de Compostela

Arquitectura

Carné de conducir B1 (mérito)

10

MAO110000215770048

MA

Arquitecto/a funcións facultativas

26

A1

Dirección Técnica do Solo, Edificación e Calidade

IGVS/Dirección Xeral do IGVS

Santiago de Compostela

Arquitectura

Carné de conducir B1 (mérito)

11

ED3020000015770008

ED

Posto base subgrupo A1

20

A1

D. X. de Patrimonio Cultural

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Santiago de Compostela

Arquitectura

Permiso conducir B ((R.I.)

12

ED3020000115770012

ED

Arquitecto/a de funcións facultativas

26

A1

S. X. de Protección do Patrimonio Cultural

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Santiago de Compostela

Arquitectura

13

ED3020000115770026

ED

Arquitecto/a de funcións facultativas

26

A1

S. X. de Protección do Patrimonio Cultural

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Santiago de Compostela

Arquitectura

14

ED3020000215770010

ED

Arquitecto/a de funcións facultativas

26

A1

S. X. de Conservación e Restauración de Bens Culturais

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Santiago de Compostela

Arquitectura

15

EDC991000032001502

ED

Posto base subgrupo A1

20

A1

Xefatura Territorial Ourense

Servizos periféricos

Ourense

Arquitectura

Permiso conducir B (R.I.)

16

EDC991000036001502

ED

Posto base subgrupo A1

20

A1

Xefatura Territorial Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

Arquitectura

Permiso conducir B (R.I.)

17

SAS040000015770004

SA

Arquitecto/a superior de funcións facultativas

26

A1

Dirección Xeral de Recursos Económicos

Dirección Xeral de Recursos Económicos

Santiago de Compostela