Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 14 de outubro de 2015 Páx. 39939

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2015, da Dirección de Planificación e Administración Xeral, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 277/2015.

Unha vez recibido na CRTVG o escrito do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, no cal se solicita a remisión do expediente administrativo que motivou a apertura do procedemento ordinario 277/2015, iniciado por instancia de Coesco Deza, S.L. e que ten por obxecto a reclamación de indemnizacións por danos, prexuízos e desequilibrios económicos pola concesión do contrato do servizo de comedor, baixo o réxime de autoservizo, e de cafetaría, subscrito o 4 de xullo de 2013 entre Coesco Deza, S.L. e a Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG); esta dirección xeral da CRTVG

RESOLVE:

Ordenar a remisión do expediente ao xulgado e, en aplicación do artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse todos os interesados para que poidan comparecer como demandados no procedemento de referencia no prazo de nove (9) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2015

Miguel Rodríguez Barrio
Director de Planificación e Administración Xeral