Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 14 de outubro de 2015 Páx. 39940

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Xestora de Entidades de Capital Risco, S.A.- Xesgalicia

ANUNCIO de contratación de servizos de auditoría para os exercicios 2015, 2016 e 2017.

1. Órgano de contratación: XesGalicia, SXEIC, S.A.U.

2. Obxecto do contrato: a contratación dos servizos de auditoría de contas para XesGalicia, Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de tipo Cerrado, S.A.U., os seus fondos de capital risco (Emprende, F.C.R. Pyme; Adiante 2000, F.C.R., Xes-Impulsa Ferrol 10, F.C.R. Pyme, Xes-Innova, F.C.R. Pyme, Fondo Tecnolóxico I2C, F.C.R. Pyme e Galicia Iniciativas Emprendedoras, F.C.R. Pyme) e Sodiga Galicia, S.C.R., S.A., para os exercicios sociais 2015, 2016 e 2017.

3. Procedemento: aberto.

4. Orzamento máximo de licitación: 135.000 euros máis IVE: ano 2015: 45.000 euros máis IVE, ano 2016: 45.000 euros máis IVE e ano 2017: 45.000 euros máis IVE. Importe total máximo do imposto sobre o valor engadido que deba soportar XesGalicia: 28.350 euros.

5. Revisión de prezos: non procede a revisión de prezos salvo que acaezan variacións no número de fondos ou sociedades obxecto de auditoría.

6. Duración: 3 anos.

7. Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 8 dos pregos de contratación.

8. Lugar e prazo de presentación das ofertas: as proposicións presentaranse na sede de XesGalicia, sita no Complexo administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono: 981 54 16 21 e fax: 981 58 06 58. O prazo de presentación de ofertas será de quince días contados desde o día seguinte ao da data da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ás 14.00 horas.

9. Mesa de contratación: si.

10. Criterios de valoración: multiplicidade de criterios: proposta técnica, ata 55 puntos sobre 100, proposta económica, ata 45 puntos sobre 100.

11. Fianzas: non se exixen.

12. Lugar e apertura das ofertas: XesGalicia, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono: 981 54 16 21 e fax: 981 58 06 58. A data e a hora será o décimo día hábil contado desde o día seguinte ao da finalización do prazo para presentar ofertas, ás 13.00 horas.

13. Información e obtención de pregos: XesGalicia, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono: 981 54 16 21 e fax: 981 58 06 58 ou páxina web http//www.contratosdegalicia.es

14. Acceso ao perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaperfil.jsp

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2015

María Posada Enríquez
Secretaria do Consello de Administración