Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 13 de outubro de 2015 Páx. 39758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Cedeira (expediente IN407A 2015/242-1).

Expediente: IN407A 2015/242-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Casal de María.

Concello: Cedeira.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,804 km, con orixe no paso aéreo a subterráneo que se realizará no apoio nº 34/8 existente da LMT CDR-806 (expte. 3.266), tramo entre a derivada ao CT Veciñeira (expte. 3.266) e a derivada ao CT Pasada (expte. 14.759), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no CT Casal de María (proxectado).

Centro de transformación prefabricado compacto manobra exterior con envolvente de formigón 2L+1P Casal de María, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que acompaña a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e desta maneira dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 17 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2015/242-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Casal de María.

Concello: Cedeira.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Nº de predio

Cultivo

Lugar

Nome e apelidos

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

m2 sub.

1

Naveira

Labradío

– Vicente Calvo Loureiro

Paso A/S

9.0

4.0

12.0

2

Sobre a Riba

Prado

– María José Beceiro Veiga

Centro Transf. caseta + Acceso

24.0