Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 13 de outubro de 2015 Páx. 39756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Abegondo (expediente IN407A 2015/226-1).

Expediente: IN407A 2015/226-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: adecuación LMTA BEG-706 e CT Limiñón.

Concello: Abegondo.

Características técnicas:

Retensado tramo liña eléctrica de media tensión aérea BEG-706 (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,047 km, con orixe no apoio nº 51 existente da LMT BEG-706, en condutor LA-110 mm2 Al, e final en apoio proxectado en substitución dun existente nº 52.

Retensado tramo liña eléctrica de media tensión aérea BEG-706 (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,293 km, con orixe no apoio nº 57 proxectado en substitución do existente da LMT BEG-706, en condutor LA-110 mm2 Al, e final en apoio existente nº 59.

Liña de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,625 kM, con orixe no paso aerosubterráneo en apoio proxectado en substitución do nº 52 existente da LMT BEG-706, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no paso aerosubterráneo en apoio proxectado en substitución do nº 57 existente da LMT BEG-706, tras realizar entrada e saída nas celas do CT proxectado.

Novo centro de transformación prefabricado Limiñón, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 15 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña