Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 13 de outubro de 2015 Páx. 39761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2015/84-2, 8277 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: reforma CTC Spar-13829.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. Obra civil. Consiste en construír un foso de recollida de aceite, demolición do tabique de cela CT, desmontaxe de embarrados, aparellaxe, ferraxes e mamparas, pintado do chan, paredes e teito e construción dunha bancada para soporte de celas SF6.

2. Obra eléctrica. Consiste na instalación de catro celas de liña, unha de protección e unha de interruptor, novo circuíto de terras, circuíto de iluminación, circuíto de emerxencia e realizar novas pontes entre o CT e o cadro de baixa tensión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 2 de outubro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo