Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 14 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de procedencia de reintegro dunha axuda concedida ao abeiro do Programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral, regulada na Orde do 19 de maio de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 100, do 26 de maio) (expediente TR345B 2008/225-3).

Intentada a notificación deste acordo a través do servizo de Correos, e ao non ser posible a súa práctica, segundo o disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio desta cédula notifícaselles á empresa interesada o contido da resolución que figura no anexo.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela pode interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición no prazo dun (1) mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A interesada, durante ese prazo, poderá presentarse ante o Servizo de Traballo e Economía Social desta xefatura territorial, sito na avenida da Habana, 79, 7º andar, de Ourense, aos efectos de coñecer integramente o contido da resolución.

Ourense, 14 de setembro de 2015

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: TR345B 2008/225-3.

Nome: Colmenero e Hijos, S.C.

NIF/CIF: G32365637.

Último enderezo coñecido: rúa Ervedelo, nº 31 ent. (Asesoría Acio), 32003 Ourense.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres (3) anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5 da Orde do 19 de maio de 2008.

Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da axuda.

Data da resolución: 3 de setembro de 2015.