Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 11 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifican os reintegros das subvencións concedidas aos expedientes TR352B 2011/64-0 e dous máis, regulados na Orde do 30 de decembro de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 17 de marzo).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula notifícaselles ás entidades relacionadas no anexo os acordos de iniciación dos expedientes de reintegro das subvencións concedidas.

Faise saber que os interesados disporán dun prazo de 15 días para que aleguen ou presenten os documentos que consideren pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Recórdaselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da mencionada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2015

P.D. (Disposición adicional primeira do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
María del Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

1. Entidade: Asociación de Empresarios Discapacitados de Galicia.

Enderezo: Praza do Libro, 10, 7º dta., 15005 A Coruña.

Número de expediente: TR352B 2011/64-0.

Acto que se notifica: acordo de inicio do expediente de reintegro.

Dato do acto: 3 de xuño de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 8.2 da Orde do 10 de decembro de 2010, pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (DOG núm. 10, do 17 de xaneiro); artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade para reintegrar: 4.918,24 €.

2. Entidade: Cámara Oficial de Comercio de Lugo.

Enderezo: avenida Ramón Piñeiro, 18, baixo, 27002 Lugo.

Número de expediente: TR352B 2011/253-0.

Acto que se notifica: acordo de inicio do expediente de reintegro.

Data do acto: 24 de agosto de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 8.2 da Orde do 10 de decembro de 2010, pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (DOG núm. 10, do 17 de xaneiro); artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade para reintegrar: 1.051,23 €.

3. Entidade: Fundación Instituto Estudios Políticos e Sociais.

Enderezo: Juan Flórez 109-113, Local 7, baixo, 15005 A Coruña.

Número de expediente: TR352B 2011/518-0.

Acto que se notifica: acordo de inicio do expediente de reintegro.

Data do acto: 30 de xuño de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 8.2 da Orde do 10 de decembro de 2010, pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (DOG núm. 10, do 17 de xaneiro); artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade para reintegrar: 36,11 €.