Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 15 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2013/0050-4.

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro do artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, o fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada a copia do auto de sobresemento ditado polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados, recaído no procedemento núm. 956/2012, polo accidente laboral do traballador Jesús Somoza Núñez.

Os documentos que constan nos expedientes son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación.

• Escrito de alegacións (22.3.2013).

• Copia do auto xudicial.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución:

Expediente: RL 2013/0050-4.

Acta núm. I362013000016953.

Empresa: Centro de Producción Vicar, S.L.

NIF/DNI: B-36563971.

Enderezo: Pol. Sete Pías, parcela 53, Cambados.

Vigo, 15 de setembro de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo