Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 8 de outubro de 2015 Páx. 39338

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira

EDICTO (271/2013).

Eu, Inmaculada Pulido Domínguez, secretaria xudicial do Xulgado Mixto número 3 dos de Ribeira e o seu partido, dou fe e certifico que nos autos de proceso ordinario número 271/2013 recaeu sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentenza número 51/15.

Ribeira, 15 de abril de 2015.

María Cristina Fernández Fernández, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira e o seu partido, despois de ver os presentes autos de xuízo ordinario número 271/2013, seguidos ante este xulgado e procedentes de proceso monitorio número 68/2013, entre partes, dunha, como demandante, a Comunidade de Propietarios Edificio Xeral, bloque un sur, nº 4 e 8 (Ribeira), representada pola procuradora Sra. Ramos Picallo e asistida polo letrado Sr. Trillo Lema, e doutra, como demandada, a mercantil Gómez Bodaño, S.A.U., declarada en situación de rebeldía procesual, e exercéndose no citado proceso unha acción de reclamación de cantidade, procédese,

Resolución:

Debo estimar e estimo integramente a pretensión da demanda formulada pola procuradora Sra. Ramos Picallo, quen actúa en nome e representación da Comunidade de Propietarios Edificio Xeral, bloque un sur, nº 4 e 8 (Ribeira), contra a mercantil Gómez Bodaño, S.A.U., e condeno esta ao aboamento á primeira da cantidade de 7.005,19 euros en concepto de principal e polos conceptos de cotas comunitarias, gastos de devolución dos recibos e gastos de notificación de débeda e requirimento de pagamento, cantidade que se verá incrementada cos xuros que correspondan, os cales se deberán computar desde a data da reclamación xudicial da débeda e ata o seu pagamento efectivo, así como as custas do procedemento.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación, o cal deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo».

O preinserido coincide fielmente co seu orixinal, ao que me remito.

E para que conste e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á mercantil Gómez Bodaño, S.A.U., actualmente en ignorado paradoiro, expido e asino a presente.

Ribeira, 11 de maio de 2015

A secretaria xudicial