Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 8 de outubro de 2015 Páx. 39336

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1163/2014).

Eu, Sarai Paniagua Acera, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que no presente procedemento se ditou a seguinte sentenza:

Vigo, 9 de xuño de 2015.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada-xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 1163/2014, sobre modificación de medidas, por instancia de Kelia Francisca García, como demandante, representada pola procuradora dos tribunais Katia Fernández Meiriño e baixo a asistencia letrada de Carlos González Reverter, contra Esmael de Moraes Souza Saguma, como demandado, declarado en situación de rebeldía procesual e no cal interveu o Ministerio Fiscal, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Fernández Meiriño, en nome e representación de Keila Francisca García, contra Esmael de Moraes Souza Saguma, declarado en situación de rebeldía procesual, estímoa e realizo os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. Atribúese á Sra. García o exercicio exclusivo da patria potestade sobre as súas fillas menores Gabriela de Moraes García e Rebeca de Moares García.

Segundo. Suprímese o réxime de visitas do Sr. De Moraes coas súas fillas menores establecido no convenio regulador do 10 de decembro de 2010 aprobado pola sentenza do 17 de febreiro de 2011.

As custas impóñense á parte demandada.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición de nacemento das menores para os efectos oportunos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

E para que conste e sirva de notificación a Esmael de Moraes Souza Saguma, en paradoiro descoñecido, expido e asino o presente.

Vigo, 24 de xullo de 2015

A secretaria xudicial