Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 8 de outubro de 2015 Páx. 39363

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Cee (expediente IN407A 2015/233-1).

Expediente: IN407A 2015/233-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT POT-806 Lagarteira, Pazos.

Concello: Cee.

Características técnicas:

Recuamento da liña eléctrica de media tensión aérea POT-806 entre apoios 14/4 e 14/11, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,335 km, con orixe en apoio nº 14/4 existente da LMT POT-806 onde se realiza o paso aerosubterráneo da LMT ao CT O Vilar de Toba (expediente 510/08), condutor tipo LA-56 mm2, e final no apoio nº 14/11 proxectado que substitúe o existente entre a derivada ao CT O Vilar de Toba (expediente 510/08) e a derivada ao CT Bazarra (expediente 266/09).

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,213 km, con orixe no paso aerosubterráneo que se vai realizar no apoio nº 14/11 proxectado que substitúe o existente entre a derivada ao CT O Vilar de Toba (expediente 510/08) e a derivada ao CT Bazarra (expediente 266/09), en condutor RHZ1-2O 12/20 1×240 mm2 Al, e final na cela de liña existente no CT Bazarra.

Desmontaxe de 103 m da liña de media tensión aérea entre o apoio nº 14/11 proxectado e o CT Bazarra.

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se xunta a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e desta maneira dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 16 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/233-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT POT-806 Lagarteira, Pazos.

Concello: Cee.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Nº predio

Cultivo

Lugar

Nome e apelidos

Apoio

Nº m2

Afeccións

Ml aér. m2 aér.

2

Horta de Abaixo

Prado

Juan José Bouzas Trillo

26.0

402.0

3

Horta de Abaixo

Labradío

José Manuel Domínguez Selle

15.0

5

Aquela Banda

Prado

María Pilar Romero Canosa

3.0

6

Aquela Banda

Prado

María Pilar Romero Canosa

32.0

7

Aquela Banda

Horta

Manuel Romero Ferrio

15.0

200.0

8

Aquela Banda

Horta

Emilio Lema Lema

20.0

244.0

13

Aquela Banda

Horta

Angélica Trillo Bouzas

22.0

355.0

15

Napidales

Monte alto

Descoñecido

48.0

16

Napidales

Monte alto

Angélica Trillo Bouzas

½ 14/9

1.0

12.0

150.0

17

Napidales

Monte alto

José Domínguez García

14.0

220.0

18

Napidales

Monte baixo

Regalos Rojo

14/10

2.0

57.0

570.0

18/1

Napidales

Monte baixo

Regalos Rojo

252.0

21

Napidales

Monte baixo

Umberto Castro Méndez

14/11 (paso A/S)

9.0