Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 8 de outubro de 2015 Páx. 39361

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2015/230-1).

Expediente: IN407A 2015/230-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS e CCTT Urbanización Volta do Castro (expediente 169/2004) anexo I.

Concello: Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 2×0,036 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS existente entre o CT praza da Mercé (expediente 309/01) e o CT Sánchez Mera, nº 1 (expediente 169/2004), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final na mesma liña, despois de realizar entrada e saída no CT proxectado.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de tranformación de 20.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 16 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña