Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 39041

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (407/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 407/2015 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Purificación Sande Fernández contra a empresa Pollos Albariza, S.L., se ditou sentenza cuxa decisión di literalmente:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Purificación Sande Fernández contra Pollos Albariza, S.L., declaro a improcedencia do despedimento da demandante efectuado pola mercantil demandada con efectos do 4 de abril de 2015, e declaro a extinción a data da presente resolución da relación laboral que vinculaba a demandante coa mercantil demandada e, en consecuencia, debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe á demandante a suma de 19.019,28 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral na data da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Pollos Albariza, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2015

A secretaria xudicial