Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 39039

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (382/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 382/2013 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Amelia Cristina Martínez Noguerol contra Habitalia Viviendas Modulares de Hormigón, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decisión:

Que, estimando a demanda interposta pola demandante Amelia Cristina Martínez Noguerol, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Habitalia Viviendas Modulares de Hormigón, S.L. a que lle aboe á demadante a cantidade de 3.364,71 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que na mesma data da sentenza se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. A seguir, expídase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Habitalia Viviendas Modulares de Hormigón, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de setembro de 2015

A secretaria xudicial