Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 39038

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1244/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1244/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando García Lago contra a empresa José González Rodríguez, Fogasa, sobre ordinario, se ditou a decisión na seguinte resolución:

«Decisión:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Fernando García Lado, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa José González Rodríguez a que lle aboe ao demandante a cantidade de 2.466,05 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que na mesma data da sentenza se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, expídase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa José González Rodríguez, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de setembro de 2015

A secretaria xudicial