Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 39036

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (374/2015).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 374/2014

Xulgado de orixe/autos: p. oficio autoridade laboral 144/2013 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrente: Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social

Recorrido: Consorcio de Compensación de Seguros

Avogado: Avogacía do Estado A Coruña

Recorrido: Disvifan, S.L.

Avogado: Ángel Dacal Jardón

Procuradora: Alicia Lodos Pazos

Recorrido: Blanca Dora Noreña de Salazar e outros

Casación en unificación de doutrina: 310/2015

Parte recorrente: Tesouraría Xeral da Seguridade Social

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 374/2014 desta sección, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra a empresa Consorcio de Compensación de Seguros, Disvifan, S.L., Blanca Dora Noreña de Salazar y otros, sobre outros dereitos laborais, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Dilixencia de ordenación do/da secretario/a xudicial

María Isabel Freire Corzo

A Coruña, 15 de setembro de 2015

O anterior escrito remitido polo Tribunal Supremo e subscrito polo letrado da Administración da Seguridade Social, en nome e representación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, únese ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do andito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala. Deberase acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 1 de Vigo que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asino. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Blanca Dora Noreña de Salazar, Manuel Iglesias Simón, Rumilda Pastora Ayala Estigarribia, Yohana Moreno Sanabria, Tulibeth Fuenmayor Quevedo, Pablina Elizabeth Sanabria Cañete, Andrea Poledna, Brenda Wilson, Luz Elena Dondoña Holgui, Nelida Rafaela González Sanche, Esmarlyn Henríquez, Larubia Rozado Costa da Silva, Liliana Concepción Mareco Santa Cruz, Felicinda Sánchez Rosendo, María Helena Luiza da Silva, Norma Alejandra Benítez, Stella Osagie, Ver_PDF, Mariana Costache, Gloria Elena Abonce Mosquera, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de setembro de 2015

A secretaria xudicial