Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38806

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos

EDICTO (114/2014).

Eu, Rosana Corral García, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos, fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia de José María Pedreira Sánchez fronte a José Sánchez Sánchez se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza.

En Betanzos, 27 de abril de 2015.

Vistos por Sonia Rey Salgueiro, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Betanzos, os presentes autos de xuízo ordinario 114/2014, seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha, como demandante José María Pedreira Sánchez, co procurador Sr. Pedreira del Río e coa letrada Sra. Romay Roldán, e doutra, como demandado José Sánchez Sánchez, en rebeldía, sobre división de cousa común, dítase a presente sentenza con base nos seguintes:

Resolvo:

Que estimando a demanda interposta por José María Pedreira Sánchez, co procurador Sr. Pedreira del Río, fronte a José Sánchez Sánchez, en rebeldía, debo acordar a división xudicial mediante a venda en pública poxa, con admisión de licitadores estraños, do predio nº 401 do plano xeral de concentración parcelaria da zona, labradío no lugar de Agra de Ameixeira, de sesenta e sete áreas e dúas centiáreas. Linda: norte, predio nº 400 desta pertenza; sur, camiño e José Pedreira Fernández (402); leste, José Pedreira Fernández (402) e Manuel Rodríguez Sánchez (403); e oeste, camiño. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos, no tomo 2138 do libro 1, folio 156, predio 117, que pertence en copropiedade ás seguintes persoas: José María Pedreira Sánchez en tres cuartas partes e a José Sánchez Sánchez nunha cuarta parte. Con expresa imposición ao demandado das custas procesuais causadas.

Únase esta sentenza ao libro de rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado e expídase testemuño, que se unirá aos autos correspondentes.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña.

O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación, limitado a citar a resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugna.

E ao estar o dito demandado, José Sánchez Sánchez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto, co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Betanzos, 30 de abril de 2015

A secretaria xudicial