Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38808

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1184/2013).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1184/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rocío Sueiro Padín contra Lap Services for Telecom, S.L. administración concursal de Lap Services for Telecom, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou Sentenza con data do 1 de setembro de 2015, contra a cal se poderá interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no citado órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que lle sirva de notificación en forma a Lap Services for Telecom, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de setembro de 2015

O secretario xudicial