Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38809

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 210/2015, interposto por Leopoldo Yáñez Ríos.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 210/2015, interposto por Leopoldo Yáñez Ríos contra a desestimación do recurso de alzada contra a Resolución do 12 de febreiro de 2015, do tribunal encargado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos ambientais da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, convocado pola Orde do 11 de outubro 2013 pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública