Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 147/2015, interposto por Mercedes González Castro.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela decreto polo que se admite a trámite o recurso contencioso administrativo P.A. 147/2015, interposto por Mercedes González Castro contra a Resolución do 17 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se inadmite a solicitude de revisión de oficio de actos nulos formulada contra a Resolución do 27 de maio de 2010, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 26 de xuño de 2009, na que se dá publicidade a diversos acordos, entre eles o das puntuacións obtidas polos/polas aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio do proceso selectivo.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública