Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38804

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (809/2010)

María Susana Gamonal Lombardero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, fai saber que no presente procedemento ordinario seguido por instancia de Remedios Gayoso Mandián fronte a Juan Cortés Naveira e José Cortés Naveira se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza.

Betanzos, 1 de setembro de 2014

Vistos por min, Mónica Ferreiro Quintas, xuíza de apoio ao XAT A Coruña en funcións de reforzo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 dos desta localidade, os presentes autos de xuízo ordinario nº 809/2010, seguidos por iniciativa de Remedios Gayoso Mandián, representada polo procurador Sr. Aba Veiga e asistida polo letrado Sr. Porto Vázquez, fronte a Juan Cortés Naveira e José Cortés Naveira, ambos en rebeldía.

Resolución:

Estímase a demanda interposta por Remedios Gayoso Mandián, representada polo procurador Sr. Aba Veiga, fronte a Juan Cortés Naveira e José Cortés Naveira e, en consecuencia:

1. Declaro que Remedios Gayoso Mandián é propietaria con carácter privativo, en virtude de usucapión extraordinaria, dos seguintes predios:

– Predio número 8.703, inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos, tomo 1.068, libro 96, folio 187.

– Predio número 8.910, inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos, tomo 1.079, libro 97, folio 144.

– Predio número 8.909, inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos, tomo 1.079, libro 97, folio 143.

– Predio número 14.341, inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos, tomo 1.097, libro 153, folio 189.

– Predio número 14.376, inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos, tomo 1.097, libro 153, folio 224.

2. En consonancia con iso, ordeno proceder á rectificación das discordancias existentes no Rexistro da Propiedade de Betanzos.

Condénanse os demandados ao pagamento das custas procesuais.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de 20 días, por escrito e expresando os motivos polos que se recorre, nos termos dispostos nos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil. Para isto, deberase ter en conta o establecido en canto ao depósito de determinada cantidade de diñeiro, na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a cal foi engadida mediante a reforma operada pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial.

Notifíquese esta sentenza ás partes, lévese ao libro da súa clase e déixese testemuño suficiente nos autos.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E ao estaren os ditos demandados, Juan Cortés Naveira e José Cortés Naveira, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Betanzos, 19 de setembro de 2014

A secretaria xudicial