Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38802

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (233/2010).

Nos autos de procedemento ordinario número 233/2010, seguidos por instancia da procuradora Sandra Amor Vilariño, en nome e representación de Plastfi, S.A., contra Aplicaciones del Norte, S.L., ditouse, con data do 25.6.2012, sentenza, que contén o encabezamento e a parte dispositiva que literalmente din:

Sentenza nº 69/2012.

Xuízo ordinario 233/2010.

Betanzos, 25 de xuño de 2012.

Vistos por Nuria Fachal Noguer, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos, os autos do xuízo ordinario 233/2011, sobre reclamación de cantidade, en que son partes a demandante Plasfi, S.A, asistida polo letrado Sr. Elías Anglés e representada pola procuradora Sra. Amor Vilariño, e a demandada Aplicaciones del Norte, S.L., en situación de rebeldía procesual.

Resolución:

Estimando integramente a demanda interposta por Plasfi, S.A., asistida polo letrado Sr. Elías Anglés e representada pola procuradora Sra. Amor Vilariño, contra Aplicaciones del Norte, S.L., en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno a demandada a aboar ao demandante a suma de 51.587,78 euros, máis os xuros legais.

Todo isto con imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é firme. Contra ela cabe recurso de apelación, que se deberá interpor neste xulgado no prazo de vinte días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, o xuíz que a ditou leu e publicou a anterior sentenza. Dou fe.

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para que sirva de notificación en forma á demandada Aplicaciones del Norte, S.L., expídese este edicto.

Betanzos, 17 de xaneiro de 2014

Eva Ortiz Suárez
Secretaria xudicial