Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 2 de outubro de 2015 Páx. 38655

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (402/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 402/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo Fontao Gómez contra Sociedad Cooperativa Copas de responsabilidade limitada e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza nº 276, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2015.

María Mercedes Pena Moreira, magistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos de xuízo ordinario número 402/2014, sobre reclamación de cantidade, instados por Eduardo Fontao Gómez, que compareceu ao acto da vista asistido do letrado Evaristo Corujo Martínez, constando como parte demandada a mercantil Copas, Sociedad Cooperativa Gallega, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza,

(…)

Resolución:

Estímase a demanda formulada por Eduardo Fontao Gómez fronte a Copas, Sociedad Cooperativa Gallega e, en consecuencia:

– Condénase a demandada Copas, Sociedad Cooperativa Gallega a aboar a Francisco Manuel Paz Mejide a cantidade de cinco mil douscentos cincuenta e sete euros con catro céntimos de euro (5.257,04 euros). Os conceptos salariais devindicarán o xuro previsto no artigo 29.3 do ET.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, María Mercedes Pena Moreira, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Copas, Sociedad Cooperativa Gallega, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2015

A secretaria xudicial